O parable ascenso de Arturo Ui

O parable ascenso de Arturo Ui -  - 9788489896185

Sin stock actualmente, disponible bajo pedido
A crítica ten clasificado O parable ascenso de Arturo Ui como unha das chamadas parabelstücke (?parábolas teatrais?) de Brecht.
A conclusión que o público pode tirar despois de ler ou ver esta parábola é que o facismo non é un feito histórico illado, senón ?a sempre posible continuación dos negocios con outros medios?, idea que se corresponde coa concepción brechtiano-marxista de que, en realidade, a política e mesmo o destino dos pobos están supeditados aos intereses do gran capital.
Precisamente nuns momentos históricos como os que estamos a vivir, presididos pola intolerancia, pola xenofobia, polo racismo, polo triúnfo do máis descarado economicismo, polo ascenso, en fin, das forzas fascistas e reaccionarias, a publicación desta obra de Bertolt Brecht cobra un especial sentido e significado.
Laiovento quere conmemorar, así, coa edición deste importante título do dramaturgo alemán, o centenario do seu nacemento.
Tradución do alemán de Sonsoles Cerviño López.
Retrato da lapela: Luís Seoane.
100% Pago seguro | 3 a 5 días

EAN: 9788489896185
Editado por: Edicions Laiovento
Materia: Teatro ,
Colección: Teatro
Nº en la colección: 101
Idioma: Gallego
Publicado el: 1 Febrero 1998
Nº Edición: 1
Nº páginas: 166
Encuadernación: Rústica
Valoración de los lectores: