A espera de Godot

A espera de Godot -  - 9788484870203

Sin stock actualmente, disponible bajo pedido
Escrita en 1948 e representada en 1953, Á espera de Godot, figura como un dos textos máis representativos ?e representados? do chamado Teatro do Absurdo, termo xenérico utilizado por Martin Esslin para clasificar a obra de determinados dramaturgos, fundamentalmente franceses (Ionesco e Beckett, malia non ter nacido en Franza escriben o seu teatro na lingua deste país) que se dan a coñecer na década de 1950.
O argumento da obra é moi simple.
Nun lugar afastado, dous vagabundos, Estragon e Vladimir, dialogan ?é dicir, intercambian monólogos? mentres esperan inutilmente a un tal Godot, a quen nunca viron, do que nada saben, pero de quen depende, ao parecer, o seu futuro inmediato...
Mais Godot non chega, nin chegará nunca, e a espera resultará inútil, estéril, absurda...
Martin Esslin conta como no ano 1957 ?un grupo de actores se preparaban para saír a escena.
Eran os membros da Academia de Actores de San Francisco.
O público diante do que ían actuar estaba formado por 1400 reclusos da penitenciaría de San Quintín.
(...) A obra escollida, principalmente por non figurar mulleres no reparto era Á espera de Gogot, de Samuel Beckett.
(...) Subiu o pano e comezou a función.
E aquelo que tanto desconcertara os sofisticados auditorios de París, London ou New York, foi asimilado axiña polos reclusos.
(...) Un dos mestres da prisión comentou: ?eles saben o que significa esperar...
sabían que se ao final aparecese Godot, sería un engano?.
(...).? Sen necesidade de apelar a grandes discursos teóricos ou filosóficos, Samuel Beckett soubo retratar maxistralmente a esencia da condición humana: esperar inutilmente, intercambiando absurdos monólogos egocéntricos ata ese día en que se extingue a luz e cae o pano de xeito definitivo.
Traducción do francés: Francisco Pillado Mayor.
100% Pago seguro | 3 a 5 días
EAN: 9788484870203
Editado por: Edicions Laiovento
Materia: Teatro , Literatura inglesa , , Literatura irlandesa , Siglo XX
Publicado el: 1 Marzo 2003
Nº Edición: 1
Nº páginas: 137
Encuadernación: Rústica
Valoración de los lectores: